Saltar al contenido

Ficha del libro

portada del libro
  • MARUJA MALLO A PINTURA DA NOVA MULLER

  • BERNARDEZ, CARLOS L.
  • TREA
  • 2010
  • 01 ed.

  • ISBN: 978-84-95364-98-2
  • EAN: 9788495364982

  • 96 páginas

  • TEMA: ARTE


  • No disponible.
    Consultar disponibilidad

COMENTARIO BIBLIOGRÁFICO


Texto de muestra del contenido del libro.

Maruja Mallo. A pintura da nova muller pretende un achegamento á obra
pictórica de Ana María Gómez González (Maruja Mallo, Viveiro,
1902-Madrid, 1995). Unha personalidade de intensa vida -vivida e
mitificada- que alimentou unha construción icónica desenvolvida ao
longo da súa existencia, a xeito de autorrealización.


O libro oriéntase na dirección de evitar o anecdótico para salientar
os aspectos estritamente artísticos situados, no entanto, no contexto
xeral cultural e histórico, sen esquecer, evidentemente, o
biográfico.


Preténdese subliñar os valores artísticos da pintora, na convición de
que paga a pena ficar co mellor da artista, non co mito, con ser este
ben atractivo, senón coa pintura, que ten un posto na Historia da Arte
con maiúsculas, non como unha artista menor máis, senón como unha
auténtica creadora que reclama o seu lugar no discurso da historia da
pintura do século xx, sen que iso implique esquecermos a muller que
procurou e conseguiu rachar barreiras na vida e na arte e que
conseguiu plasmar coa súa obra a imaxe da nova muller que, como as súa
bañista de finais dos vinte, camiña con paso firme e con vontade de
inequívoca afirmación de liberdade.